O pasado mes de decembro a Casa Galega da Cultura do Concello de Vigo inauguraba a exposición "Hai vinte anos disto. A escultora Encarna Penelas en retrospectiva", unha mostra que serviu de recoñecemento á escultora e pintora viguesa de adopción co gallo do seu noventa aniversario, e que aÃnda pode verse ata finais deste mes. Amiga de Laxeiro, Penelas foi moi coñecida e activa nas décadas finais do século XX, arestora a artista hai vinte anos xa que deixou de crear. Tras diso, agora a artista ven de nomear ao Concello de Vigo como herdeiro do seu legado artÃstico, que inclúe as súas obras propias asà como a colección que posúe doutros creadores. A xunta de Goberno Local fixo oficial a aceptación do ofrecemento polo cal o dÃa que a artista faleza toda a súa colección persoal pasará a formar parte do patrimonio municipal vigués. O legado inclúe ata 157 obras de arte, 103 da súa autorÃa das que 67 son esculturas e 26 pinturas. As restantes 54 obras son de outros artistas entre os que están os nomes de Laxeiro, Quesada, Jorge Castillo, Leopoldo Novoa ou Almudena Fernández Fariña, entre outros. O director do Museo Quiñones de León de Vigo, José Ballesta, estima que a colección de Encarna Penelas ten un valor económico de ata 318.000 euros.