A Sala Maruja Mallo da sede da Deputación na viguesa rúa Chao acolle a exposición da escultora de Soledad Penalta (Noia, 1943), "Materia tatuada". A exposición comisariada por Rosario Sarmiento recolle sete obras da colección persoal da escultora en gran formato que amosan a súa traxectoria vital como son 'Bosque', dúas pezas 'S/T', 'DistopÃa', 'Germinal', 'AsubÃos do vento' e 'DiacronÃa' elaboradas, na súa totalidade en ferro, aceiro inoxidable ou aceiro corten. Algunhas delas mesturan abstracción e figuración, e outras fan cantar ao aire coas finas láminas de metal que a compoñen como 'AsubÃos do vento'.
As pezas que se poden ver na Sala Maruja Mallo da sede provincial de Vigo caracterÃzanse polo peso da linguaxe abstracta, os xogos de planos e de formas antropomórficas, asà como polo emprego de caligrafÃas que cubren as esculturas con reflexións sobre as inquedanzas, medos, esperanzas e desexos de Soledad Penalta. A escultora, especializada en obras de aceiro e metal, leva case 40 anos de traballo nas súas costas tras recibir formación na Coruña, Barcelona, Italia e, entre outros lugares, Estados Unidos. Ten participado en exposicións individuais e colectivas en Galicia, ParÃs ou Florencia. En Galicia podemos atopar pezas súas en lugares públicos como o parque escultórico da Torre de Hércules, o paseo marÃtimo de Baiona e o Pazo provincial da Deputación en Pontevedra. "Materia Tatuada" inaugurouse este martes, coa presenza da presidnta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, a comisaria e a artista e se poderá ver ata o 22 de maio neste espazo público.