A nova sala de arte da Deputación de Pontevedra en Vigo arrinca cunha mostra de fotografía de mulleres

Está comisariada por Rosario Sarmiento

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Deputación de Pontevedra bautizou a súa nova sala de exposicións en Vigo co nome de "Maruja Mallo". Para ensalzar esa visibilidade das mulleres creadoras, a súa primeira mostra, comisariada por Rosario Sarmiento, titúlase "Muller por muller" e está integrada por 21 obras de Karen Knorr, Sue Packer, Susan Meiselas, Graciela Iturbide e Cristina García, "cinco grandes referentes da fotografía contemporánea internacional que presentan o universo feminino representando ás mulleres como protagonistas dende o cotiá, a proximidade, confianza e a empatía". A exposición nútrese con fondos do propio concello de Vigo, producidos dentro do proxecto "Vigovisións" que, no marco da Fotobienal, trouxo á cidade numerosos fotógrafos que retrataron a urbe dos 80 e 90.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Fotografía, Deputación de Pontevedra, Rosario Sarmiento...