A Xunta de goberno Local de Vigo deu luz verde a sinatura do contrato de comodato do legado pictórico de Manuel Colmeiro en favor do Concello, unha cesión gratuÃta por dez anos do uso de 21 óleos e 145 obras sobre papel do pintor. O Concello organizará anualmente actividades sobre o artista e a súa obra.
En virtude do acordo entre o Concello e os herdeiros de Manuel Colmeiro (1901-1999) 21 óleos e 145 obras sobre papel (32 correspondentes á serie Horrores da Guerra e o resto, a diferentes temáticas, pasarán a formar parte dos fondos da Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego e os óleos ademais estarán expostos de xeito permanente nesta institución. Ademais diso este importante legado será obxecto de actividades de divulgación relacionadas co artista e a súa obra. Ao efecto, o goberno vigués dedicará entre 30.000 e 50.000 euros. Ademais, a Fundación Colmeiro recibirá do goberno local entre 10.000 e 20.000 euros para os mesmos fins, segundo asegurou o alcalde Abel Caballero onte. A cesión faise por un perÃodo inicial de dez anos, concluÃdos os cales herdeiros e Concello teñen un "preacordo" para que "isto se converta en definitivo", segundo asegurou o alcalde. O Concello de Vigo se fai cargo dos gastos de traslado das obras, dos seguros, da súa conservación, exposición e custodia. Caballero definiu a Colmeiro como un pintor "excepcional", parte da "gran revolución da pintura de España na segunda metade do século XX", e valorou o acordo cos herdeiros polo "incremento da capacidade cultural e expositiva" que supón na cidade, un "patrimonio cultural de Galicia de primeira magnitude".