O legado de Maside quedará en Compostela ata 2015

A exposición Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre abría onte as portas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

A sede da Fundación Novacaixagalicia en Compostela abría onte a exposición Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre. Na mesma poden verse as 31 obras do pintor que os seus herdeiros retiraron do Concello de Vigo en 2012 logo de desacordos co goberno municipal. Aínda que a exposición non implica unha cesión do material ao concello compostelán, os cadros permanecerán expostos desta sede ata o 31 de agosto de 2015, data acordara para rematar a mostra. O Concello xa amosara o seu interese por se facer depositario destes bens, e na propia presentación da mostra lembra o "desexo expreso do artista de que o seu legado descanse en Compostela".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maside, Concello de Vigo, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades