O legado de Maside exponse en Compostela

O Colexio de Fonseca acolle as obras do pintor que adquiriron Consorcio e Deputación

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O legado de Maside exponse en Compostela

Carlos Maside. Patrimonio de Galicia é o título da exposición que abre as súas portas esta mañá no compostelán Colexio de Fonseca. O legado de 21 obras do pintor que adquiriron o Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña para a súa exposición permanente na capital galega poderá verse no comedor do colexio de martes a venres en horario de mañá e de tarde. En total son 13 óleos sobre lenzo, 1 pastel, 3 gouache e 4 debuxos a lapis realizados entre 1930 e 1950 que exemplifican a traxectoria do artista. A Deputación, o Consorcio, o Concello e a Universidade coordinan o proxecto.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maside, Carlos Maside, Consorcio de Santiago, Deputación da Coruña...