Unha identidade nacional pasada polos ollos do artista

O Colexio de Fonseca da USC acolle unha exposición sobre traxe galego na plástica de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha identidade nacional pasada polos ollos do artista

O Colexio de Fonseca, na Universidade de Santiago, acolle a mostra Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao, que reúne 50 manequíns ataviados con diferentes traxes tradicionais de liño que foron recreados a partir da obra gráfica de Castelao en óleos, acuarelas, gravados e bosquexos. Os traxes van acompañados de obxectos etnográficos que achegan contexto ademais de reproducións da obra orixinal, documentación adicional e un audiovisual. A mostra está promovida pola Asociación Etnográfica Sete espadelas, e comisariada por José Luis Rodríguez e David Quiñones. Pódese visitar no Colexio de Fonseca ata o 30 de agosto.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Identidade, USC

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos