O vindeiro seis de agosto abre as súas portas no Museo de Pontevedra Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia. O proxecto, que comisarÃa a Asociación Etnográfica Sete Espadelas recolle 75 exemplos de traxes tradicionais a partir das fotografÃas que Anderson realizou para a Hispanic Society de Nova York nos anos 20.
O proxecto, que ve a luz logo de cinco anos de traballo por parte deste colectivo, amosa, para alén de 150 fotografÃas, unha mostra da colección de vestimentas que fai parte dos fondos de Sete Espadelas e que reproduce as recollidas nas fotografÃas de Anderson. En total a mostra recolle máis de mil prendas, moitas delas antigas ou reproducidas a partir de pezas orixinais. Canda aos traxes, poderá verse ferramentas de traballo orixinais da época.
A mostra conta cun catálogo que recolle máis de trescentas fotografÃas de Anderson, asà como diferentes pasaxes do seu cadernos traducidas por vez primeira ao galego. O volume inclúe ademais imaxes dos traxes que fan parte da mostra e unha análise da importancia do traballo fotográfico de Ruth Mathilda Anderson para a etnografÃa galega. A exposición estará aberta ata o vindeiro 16 de outubro e todos os sábados ás 10:30 horas haberá visitas guiadas polos comisarios da mostra.
Segundo explica a presentación da mostra, "grazas ao labor dunha moza neoiorquina que tivo que mergullarse no folclore galego para desempeñar unha labor fotográfica e etnográfica, descubrimos unha terra que aÃnda se atopaba no século XIX e comezaba a cambiar. Capturou todo o que estaba a piques de transformarse coa chegada da modernidade para que perdurase no tempo. A través das súas imaxes coñecemos aqueles oficios que deixaron de existir, as paisaxes que cambiaron, a roupa que vestÃan, as romarÃas onde se divertÃan ou as feiras onde comerciaban entre outras situacións da vida cotiá".