Malia a seren caracterÃsticos das diferentes zonas noso paÃs, os traxes populares galegos nunca foron alleos a influencias e materiais chegados do exterior. O Museo Etnolóxico de Ribadavia abrÃa este 20 de maio a exposición A seda: o tesouro que chegou da China a Galicia, un proxecto da Asociación Etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra que amosa o impacto do uso deste material e das manufacturas elaboradas no Extremo Oriente sobre o feitÃo da indumentaria tradicional desde os comezos do século XIX.
Segundo explica o colectivo organizador, a mostra "fai unha pequena escolma dos panos de seda que utilizaban as galegas e galegos no século XIX co traxe tradicional", unhas pezas e un material que durante moito tempo se importaron desde China atoparon o seu oco nos atavÃos máis luxosos da sociedade rural de entón. Panos de namorar, panos adamascados ou "de Laire" e tamén panos de Manila fan parte da mostra, que ten o seu centro nestes últimos elementos. "Os panos de Manila", que na realidade se fabricaban na China e chegaban por barco ata a PenÃnsula, "son o centro da exposición, unha selección de panos que percorren a historia deste tipo de prendas, desde os primeiros panos da época Imperio datados en 1820, e por tanto con máis de 200 anos de antigüidade, pasando polos panos isabelinos, ata os panos modernistas de comezos do século XX", sinalan. A exposición pode verse ata o vindeiro 31 de xullo.
Panos. Fonte: Museos de Galicia
Panos adamascados. Fonte: Sete Espadelas
Panos de Manila. Fonte: Sete Espadelas
David Quiñones, da asociación organizadora, explica que "en Sete Espadelas dedicámonos exclusivamente á investigación, estudo e reprodución do traxe tradicional galego. En 2019 fixemos no Museo de Pontevedra a exposición "Galicia, a terra dos mil panos" que foi un grande éxito e superou as 11.000 visitas. Alà vimos que o máis chamaba a atención era o uso da seda no traxe tradicional e que habÃa un grande descoñecemento sobre isto, e pensamos en tirar por esta banda para unha nova mostra". Segundo apunta, "os panos de Manila en particular asócianse polo xeral cos traxes andaluces ou aragoneses, pero tamén aquà se empregaban. De feito chegou a haber dúas fábricas de seda en Galicia, que facÃan panos adamascados que se integraron nestes traxes".
A exposición pon de relevo pois as conexións internacionais dun elemento tan propio como é este. "Os panos de Manila chegaron a toda España, sobre todo ás zonas de costa. Portos como Muros, que no século XIX tiña un grande poder económico pola industria da salga e da conserva, foron vilas punteiras neste uso. A aldeas remotas non chegaban estas pezas, pero ás zonas de costa si chegaron moitos panos por influencia dos portos". Desde a asociación aclaran que, malia á novidade dos materiais e dos deseños, estas pezas "adaptáronse ao uso habitual dos panos. As galegas de cotÃo usaban panos de lá meiriña de cores que levaban cruzados para ir á leira. Logo, cando acudÃan a cerimonias ou festas puñan o de Manila do mesmo xeito.
Do material presente na exposición, destaca "as dúas pezas que se expoñen en vitrinas. Son panos de manila con caras de chineses en marfil que poden valer 7.000 euros cada un. HabÃa moi poucos coma estes e aÃnda menos que estean tan ben conservados".
Pano imperio con caras de marfil. Fonte: Sete Espadelas
Pano isabelino con caras de marfil. Fonte: Sete Espadelas
Como curiosidade, canda ás propias pezas, todas elas da época, o proxecto amosa tamén varias das caixas orixinais de madeira de palma policromada, marfil e seda nas que estas luxosas pezas chegaban a Europa.
Caixas de mantóns de Manila. Fonte: Museos de Galicia
Mantón de Manila e a súa caixa. Fonte: Museos de Galicia
Seis traxes tradicionais completos permiten observar o uso destes panos no traxe galego, con exemplos de Muros, do Val do Ulla, de Leiro ou das Mariñas.
Vista de traxes da exposición. Fonte: Sete Espadelas
Vista da exposición. Fonte: Museos de Galicia
O proxecto recupera tamén complementos como "abanos de mil chineses, coas súas caixas orixinais, onde as pequenas figuras que representan teñen as caras tamén en marfil e os traxes de seda".
Abano de mil chineses con caixa. Fonte: Sete Espadelas