Un acordo asinado entre o Consorcio de Santiago de Compostela e a Deputación provincial da Coruña ven de permitir a adquisición do legado do pintor Carlos Maside para que as súas obras permanezan na capital galega como era desexo do artista. O legado de Carlos Maside (Pontecesures 1897 - Santiago 1958) está integrado por 21 cadros, deles 13 son óleos sobre lenzo, 1 pastel, 3 gouache e 4 debuxos a lapis; polo que esta obra é primordial para coñecer a arte galega da primeira metade do século XX. Inclúe obras que abranguen dende 1930 ata os anos 50 onde se pode apreciar a traxectoria pictórica do artista, pois trátase de pezas de referencia do mesmo. As obras foron adquiridas por un importe global de 430.717 euros, repartido ao 50% entre as dúas entidades. As obras, ata o de agora en mans da familia, están depositadas na Fundación Granell, ata que se decida unha sede temporal ou definitiva para as mesmas. A intención das Administracións é que este legado estea permanentemente exposto ao público, dada a súa importancia e transcendencia artÃstica pero tamén histórica, como un novo punto de atracción e dinamización cultural e turÃstica da cidade.