O Concello de Santiago quere adquirir a obra de Maside

A institución procura un lugar onde expor este material

12/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: artepatrimonio
35 lecturas | Compartido 0 veces

O legado de Carlos Maside que está actualmente en mans dos herdeiros do pintor pode pasar nas vindeiras semanas ao dominio público. La Voz de Galicia recolle hoxe a intención do Concello de Santiago de adquirir este patrimonio, composto por unha trintena de pezas e mais unha colección de retratos, para o expor de xeito público, un labor para o que a entidade local está a desenvolver negociacións coa deputación da Coruña e de cara ao cal xa buscou tamén a colaboración da Consellaría Cultura. A intención, segundo sinala o xornal, é completar a adquisición para finais deste ano, e como grande cuestión pendente fica determinar un local onde realizar a exposición.

Compostela xa acollera este legado logo da súa partida de Vigo por desacordos entre os herdeiros de Maside e o Concello Olívico. Deste xeito, entre 2014 e 2015 a cidade acolle unha exposición das obras que agora se queren levar ao dominio público.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maside, Concello de Santiago, Carlos Maside, La Voz de Galicia...