A colección Álvaro Gil volta ao Museo de Lugo

A Deputación pagará 2.346.200 euros para incorporar os fondos ao centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Finalmente as corenta pezas de ourivería prerromana do legadoo de Álvaro Gil, consideradas das máis importantes que se conservan en Galicia, ficarán no Museo de Lugo. O responsable de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, anunciaba onte o acordo polo que a entidade adquire este material aos herdeiros de Gil, cun prezo de merca de 2.346.200 euros, aos que se suman 600.000 euros de gastos xudiciais que tamén serán abodados polo organismo provincial. Os herdeiros retiraran os fondos do Museo, onde estaban en depósito, o pasado mes de outubro ante a falta de acordo económico coa Deputación. Outeiro adiantou que o material estará exposto xa a finais deste verán.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Lugo, Turismo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares