A Deputación de Lugo recorre a sentencia sobre o legado de Álvaro Gil

A decisión dificultará un posible acordo cos herdeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Tribunal Supremo decidirá se o Museo de Lugo ten dereitos sobre o legado de Álvaro Gil. A Deputación Provincial vai recorrer ante esta sala a sentenza da Audiencia Provincial que puña a disposición dos herdeiros as pezas que este filántropo depositara no centro, segundo adianta hoxe El Progreso. Precisamente os herdeiros condicionaran a posibilidade dunha negociación sobre estes fondos a que a Deputación non recorrese ao alto tribunal, polo que a posibilidade dun acordo amósase moi remota. Esta cuestión será discutida polo Consello Galego de Museos na súa vindeira xuntanza, con vistas a atopar algunha saída ao litixio.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Museos, Museo de Lugo, Tribunal Supremo...