A confimar a anterior sentencia do Xulgado de Instrución número 2, a Audiencia Provincial de Lugo confirmou que os herdeiros de Álvaro Gil teñen dereito a dispor do seu legado. A Audiencia considera que as 55 pezas que Gil depositou no centro son un depósito e non unha doazón. Os herdeiros do benefactor xa anunciaron que existen diferentes centros interesados neste material e que están abertos a negociar co museo lucense, ao que lle reclaman que expoña a totalidade das pezas cedidas por Gil e que asegure a colección ao completo. Pola súa banda, a Deputación de Lugo apuntou o seu interese en chegar a un acordo sobre estes bens, entre os que están pezas tan destacadas como o torque de Burela ou o Carneiro Alado.
O Museo de Lugo deberá negociar a colección de Álvaro Gil
A Audiencia Provincial considera que o legado foi un depósito e non unha doazón
15 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Museo de Lugo, Deputación de Lugo, Burela
