A familia de Álvaro Gil leva a colección de ourivería prerromana do Museo de Lugo

Non se chegou a un acordo coa Deputación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O espectacular Torques de Burela, sacado do Museo de Lugo hoxe á mañá.

O espectacular Torques de Burela, sacado do Museo de Lugo hoxe á mañá.

Segundo informa La Voz de Galicia, a familia de Álvaro Gil retirou esta mañá do Museo Provincial de Lugo o legado que o filántropo deixara a esta institución. Entre este legado, estaban corenta das máis valiosas pezas de ourivería prerromana que nos chegan da Idade do Ferro e o Bronce, entre elas o famoso Torques de Burela e o enigmático Carneiro Alado. Unha furgoneta dunha empresa especializada en traslado de obras de arte levou as pezas, que están en paradoiro descoñecido. A Xunta de Galicia iniciou esta semana os trámites para que o conxunto fora declarado BIC.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As xoias do tesouro dos Gil

As xoias do tesouro dos Gil

Dous especialistas comentan as principais pezas do legado de Álvaro Gil que retornou ao Museo de Lugo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Lugo, Idade do Ferro, La Voz de Galicia, Burela...