A familia pode retirar en calquera momento a colección Álvaro Gil do Museo Provincial de Lugo

Propietarios e Deputación continúan a negociar a propiedade das pezas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O día 24, a partir das nove da mañá, os herdeiros de Álvaro Gil poderán retirar, se así o queren, a impresionante colección que o filántropo lugués depositou no Museo Provincial de Lugo hai máis de tres décadas. E non é unha colección calquera: son cuarenta pezas de ouro da Idade do Ferro, entre as que destacan o torques de Burela ou o estraño carneiro alado tamén de ouro. Os descendentes de Gil gañaron o pleito á Deputación recoñecendo a propiedade da colección, e desde entón estase en negociacións. A familia pedía 3,1 millóns de euros, pero a taxación encargada polo organismo provincial era de 2,3 millóns. Agora, cumprindo a sentenza, a Deputación comunicou aos propietarios que poden recoller cando queiran a colección. Pero segundo sinalou El Progreso, familia e Deputación continúan a negociar.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As xoias do tesouro dos Gil

As xoias do tesouro dos Gil

Dous especialistas comentan as principais pezas do legado de Álvaro Gil que retornou ao Museo de Lugo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, Ouro, Idade do Ferro, Burela...