A administración entendeu que era unha doazón e a familia un depósito, o certo é que a discrepancia do legado de Álvaro Gil que se almacenaba nos fondos do Museo Provincial de Ourense resolveuse nos tribunais. Despois de anos de litixio, o Tribunal Supremo acaba de sentenciar que a familia ten razón. O legado en cuestión é unha colección de orfebrería de máis de trinta pezas, entre os que está o Torques de Burela, un dos símbolos do museo, así como unha colección de pintura nas que hai pezas de X. R. Corredoira. A sentenza pecha a vía xudicial e abre un prazo de vinte días para negociar cos familiares antes de que o fallo sexa efectivo. Con todo, a Deputación de Lugo anuncia que tentará retomar o diálogo.
Malia os 13 anos de litixios, e o custe económico do procedemento, a Deputación de Lugo enviou un comunicado no que insiste que tentará retomar ese diálogo que se viu truncado polas elevadas pretensión económicas dos herdeiros, do marco xurídico existente que regula estes supostos na institución, norma que data de 1934, e pola xestión do anterior goberno popular a este respecto. Unha das principais desputas é a taxación da colección que varía do millón de euros feito polo Museo ao inicio do proceso xudicial ou dos cinco que reclama a familia. Ademais, segundo publica hoxe El Progreso, a familia está a estudar unha indemnización por estes trece anos que non puido dispor dese patrimonio.