A Xunta inicia a declaración de BIC para a Colección Álvaro Gil

A falta de acordo cos propietarios impide que este patrimonio continúe no Museo de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A falta de acordo económico entre a Deputación de Lugo e os propietarios das pezas impedirá que a colección Álvaro Gil de ourivaría prerromana continúe a se expor no Museo Provincial de Lugo. Ante a posibilidade de que estas pezas sexan vendidas ou saian do país, a Consellaría de Cultura incoou a declaración do conxunto com Ben de Interese Cultural.

O Diario Oficial de Galicia dá conta hoxe do comezo deste proceso que afecta a 44 pezas históricas,43 de ouro e 1 de prata. A resolución atende á singularidade de elementos como colar de Chaos de Barbanza, considerado a mostra máis antiga de ourivaría protohistórica do noroeste peninsular, o Carneiro Alado de Ribadeo ou as gargantillas de tiras de Monte dos Mouros. Con esta declaración, Cultura responde a solicitudes como a da Universidade de Santiago para protexer un conxunto único do noso patrimonio.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Lugo, Ben de Interese Cultural, Museo Provincial de Lugo, Deputación de Lugo...