A exposición Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, que o museo MARCO de Vigo estaba ofreendo ao principio do perÃodo de peche obrigado polo Estado de Alarma nacional tiña prevista unha serie de actividades paralelas e complementarias da mostra sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega. Entre elas, destacan varias entrevistas realizadas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e RTVE, e que se Ãan proxectar nas salas do Museo para os visitantes. Ante a imposibilidade dunha actividade presencial en salas e grazas á colaboración de CRTVE e CRTVG, o público terá acceso a estes documentos audiovisuais a través da propia web do MARCO, podendo coñecer máis sobre a obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa. As entrevistas irán estando dispoñibles de xeito gradual, comezando xa desde onte a tarde coa realizada en 1981 en ParÃs, para Televisión Española no seu programa Nombres de ayer y de hoy.
Tal e como comunican desde o comisariado da mostra, a cargod e Carlos L. Bernárdez, o interese destas entrevistas reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artÃstica. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición polÃtica do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil. As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián.