O polifacético artista carballés Manuel Facal finou o sábado aos 80 anos de idade. Facal desenvolveu o seu proxecto creativo como gravador, pintor e escultor nunha dilatada traxectoria que incluiu estancias creativas e exposicións por todo o mundo. A súa chegada a Londres en 1970 foi "decisiva na traxectoria arÃstica", e alà aprendeu gravado e litografÃa do metal e da pedra. Na gran diversidade da súa obra, Facal valorou o poder da xeometrÃa e das esferas. "É a figura fundamental na construción de cosmoloxÃas e guÃa do pensamento relixioso, filosófico e cientÃfico. O cÃrculo é o protagonista do soporte da miña obra", manifestou no libro Manuel Facal editado por Dardo e o concello de Carballo. Combinou os seus estudos de traballo entre Galicia e Cataluña, ata que no ano 1987 se estableceu en AndalucÃa. A obra de Facal está presente en coleccións coma o MOMA de Nova York, a Biblioteca Nacional de Francia, o Museo del Grabado de Buenos Aires, a Gulbenkian de Bos Aires e en boa parte dos museos e fundacións culturais galegas. A Fundación Manuel Facal asinara en setembro de 2023 un convenio co concello de Carballo para a rehabilitación dun edificio cedido polo autor para convertelo nun centro de arte contemporánea na rúa do Sol desta vila. No proxecto, disporÃase de 600 metros cadrados nos que se exporÃa obra de Facal e doutros artistas e disciplinas.