A Plataforma de Contratos da Xunta vén de publicar a convocatoria para a licitación da museografÃa do Museo catedralicio de Tui, o derradeiro paso antes da apertura da renovada colección da diócese tudense. O importe da licitación supera os 640.000 euros e está orientada a poñer en marcha as directrices establecidas no plan director da catedral de Tui, establecido no ano 2002: "poñer en valor espazos en desuso con fins expositivos para a musealización, tanto dos propios espazos, como dos obxectos das coleccións que forman parte do mesmo". O proxecto foi encargado no 2022 e o obxectivo é a "reordenación e a nova musealización do patrimonio moble do conxunto catedralicio no seu propio contexto e a dos fondos do museo catedralicio e museo diocesano". Entre as actuacións, recuperarase a función cultural da capela de santa Catalina, que incorpora pezas que se topan fóra de lugar, e a revsión de contidos da sala capitular e o claustro. Na sala capitular atoparase a sala de románico da catedral e a diócese, mentres que no claustro se trasladará a colección de escudos e de sepulcros. Pola súa banda, as salas de Palacio recibirán as coleccións que precisan "máis vixilancia", como as coleccións de ourivarÃa, téxtil, escultura e pintura. O programa FEDER da Unión Europa cubre o 60% do orzamento.
Aberta a licitación para a execución do Museo catedralicio de Tui
O importe supera os 640.000 euros







