A Xunta impulsa o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

O centro quere custodiar as principais pezas patrimoniais da diócese

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo abordará obras de acondicionamento e reabrirá as súas portas proximamente. A Consellaría de Cultura anunciaba o pasado venres o acordo de colaboración coa Diócese para un proxecto que contará cun orzamento total de 332.311,46 euros, dos cales a Consellaría achegará 250.000. O acordo prevé o acondicionamento deste centro da Cidade da Muralla para a almacenaxe e exposición de pezas. Ademais, a Diócese elaborará un inventario dos bens que se atopan depositados no territorio que administra e deberá "encargarse da negociación coas parroquias do traslado ao Museo daqueles bens do patrimonio moble máis valiosos" coa intención de "asegurar a súa transmisión ás xeracións vindeiras". A diócese de Lugo cobre 1.263 parroquias entre as provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Cidade da Muralla, Pontevedra, A Coruña