Cultura agarda a cesión da reitoral de Santo André para rematar o Museo Galego do Viño

A Diócese de Ourense debe cedelo gratuitamente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Diócese de Ourense cedeu a reitoral de Santo André á Xunta de Galicia en 1997 para un espazo museístico, pero numerosos problemas nas intervencións deron lugar a que a cesión caduque este ano e sexa preciso renovar o acordo co bispado para poder iniciar o proxecto museográfico. Así o anunciou Román Landín, Conselleiro de Cultura, no Parlamento, tras destacar que xa se levan investidos 1,36 millóns no inmoble e que en canto a diócese rubrice a cesión gratuíta do inmoble ata 2043 se iniciará o proxecto de musealización do Museo Galego de Viño.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Lugares