O concello de Covelo recuperará a reitoral de Barcia de Mera

A Igrexa cede o inmoble por 50 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Reitoral de Barcia de Mera. Foto: Turismo de Galicia

Reitoral de Barcia de Mera. Foto: Turismo de Galicia

É un dos grandes conxuntos do barroco rural galego e ata agora estaba nun preocupante estado de abandono. A bispado de Tui-Vigo cedeu ao concello de Covelo a reitoral de Barcia de Mera de xeito gratuíto e por cincuenta anos para poder ser restaurado e rehabilitado. A cesión inclúe a reitoral, a casa de obra, o alpendre e o hórreo. A Xunta tamén anunciou que o conxunto será declarado Ben de Interese Cultural. O edificio vai ser posto en valor "como atractivo turístico, e para a prestación de servicios socio-culturais públicos" e o concello xa está a tramitar os permisos pertinentes.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barroco, Ben de Interese Cultural, Tui, Vigo

Claves

Lugares