O Diario Oficial de Galicia publica este 9 de decembro a orde pola que se declara Ben de Interese Cultural o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo. A declaración protexe de xeito cautelar a igrexa parroquial e mais a reitoral anexa, consideradas "unha mostra excepcional da arquitectura da diócese de Tui dos séculos XVII e XVIII e, por extensión, da arquitectura barroca desenvolvida no medio rural galego".
De xeito concreto, a orde afecta á "igrexa parroquial, casa reitoral ou pazo abacial, as construcións adxectivas e os espazos vinculados a elas, adro da igrexa e o igrexario". A declaración destaca que "o conxunto e cada unha das súas partes responden a un esquema coherente en que se poden apreciar as caracterÃsticas do barroco, nunha singular mestura de linguaxe culta-urbana e popular-rural".
De entre os elementos protexidos para a Xunta "destaca o pazo abacial tanto pola súa composición e singular distribución como pola rareza dalgúns dos elementos artÃsticos que o compoñen, como a portada coroada pola recoñecida e singular peita, que se converteu no elemento máis representativo e simbólico do conxunto", asà como pola monumental cheminea. A orde salienta tamén a conservación do conxunto e o feito de que o mesmo mantivo ata moi recentemente o seu uso tradicional.
Para alén dos beneficios, o recoñecemento como BIC afecta tamén as tallas e diferentes elementos litúrxicos que se conservan no interior do templo. Esta declaración, provisoria, deberá resolverse de xeito definitivo nun prazo de 24 meses. A Xunta anunciou xa a súa intención de desenvolver traballos de conservación no conxunto.