O bispado de Lugo cede ao concello de Silleda a igrexa de Carboeiro

É un paso imprescindible para acometer a musealización do mosteiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Concello de Silleda e bispado de Lugo asinaron onte no marco da igrexa monástica de Carboeiro a cesión por parte da Igrexa e por 25 anos do inmoble. O obxectivo é poder acometer as iniciativas de posta en valor do monumento, para as que era imprescindible que o concello tivera capacidade legal de executar. En concreto, a electrificación do mosteiro e a musealización do cenobio, dentro do marco do plan de sustentabilidade turística de Deza-Tabeirós e financiado cos fondos do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central. As intervencións no inmoble deberán contar coa aprobación do bispado.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Silleda, Goberno Central, Deza...