Institucións e asociacións xúntanse en Lugo para salvar a igrexa de Vilasouto do derrubo

Unha comisión redactará un primeiro proxecto de restauración urxente

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Deputación de lugo acolleu a primeira xuntanza entre todas as partes para avanzar cara a rehabilitación urxente da igrexa de Vilasouto, un templo románico do século XII ubicado no concello do Incio que se atopa nunha dramática situación, en ruínas e "a piques de derrubarse", segundo Lugo Patrimonio. Participaron na xuntanza representantes da Deputación, de Lugo Patrimonio, do concello do Incio, dos veciños de Vilasouto, do Bispado de Lugo e da Xunta de Galicia. O primeiro paso para a recuperación vai ser a redacción dun proxecto para estudo e arranxo da porta principal e da cuberta e lousado da Igrexa Vella de Vilasouto, por parte do Bispado e da Xunta de Galicia. Entre os futuros usos da igrexa vella de Vilasouto (a actual parroquia ten a súa sede noutra nova sen valor artístico) podería estar a dun centro de interpretación do patrimonio do Incio.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Asociacións, Deputación de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares