Cunha tiraxe inicial de 1.000 libros, ven de presentarse o primeiro volume de "Lugo Románico. A Ribeira Sacra", primeiro dun proxecto editorial que contará con catro tomos editados pola Deputación Provincial que recollen información e fotografÃas sobre o patrimonio deste estilo arquitectónico en 11 concellos da zona sur da provincia. A institución provincial pretende con isto reforzar a promoción do patrimonio deste estilo arquitectónico, "un sinal de identidade e un poderoso reclamo turÃstico, ao redor do que artellar unha oferta de calidade, sostible, non masificada e de experiencias", subliñou o presidente do ente provincial, José Tomé durante a presentación que tivo lugar na igrexa da Santa MarÃa de Nogueira de Miño.
A Ribeira Sacra estrea esta colección, que terá outros tres tomos sobre o románico noutras zonas da provincia. A guÃa arranca por esta comarca, "como non podÃa ser doutro xeito", asegurou o Presidente, pois na Ribeira Sacra "está a maior concentración do románico rural de toda Europa". O libro, que está en tres idiomas, recolle máis de medio cento de igrexas e basÃlicas de once concellos: Chantada, PortomarÃn, Taboada, Carballedo, Paradela, O Saviñao, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sober e Ribas de Sil. Ao longo dos catro tomos previstos, plasmarase a riqueza do románico de toda a provincia. Miguel Mendoza, en colaboración con outros autores, foi o encargado de elaborar os textos da guÃa sobre a Ribeira Sacra, que ilustran fotografÃas de Pepe Tejero e Roberto DÃaz. Coa guÃa, a Deputación promociona ademais o conxunto da riqueza da Ribeira Sacra, recentemente declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera, afirmou o Presidente, ademais de seguir reivindicando a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. "A Ribeira Sacra é hoxe un patrimonio internacionalmente apreciado e visitado, e temos que seguir traballando xuntos para facer realidade esta aspiración, que é colectiva".
Ruta Transrománica
A Deputación de Lugo foi incluÃda na asociación Ruta Transrománica, un organismo do Consello de Europa que ten como obxectivo fundamental o estudo da arte románica europea e a promoción dos itinerarios artÃsticos a nivel internacional. Inclúense 10 igrexas de arte románico situadas noutros tantos concellos da Ribeira Sacra.
As igrexas desta ruta, tamén incluÃdas nesta guÃa "Lugo Románico", son o mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; a igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo; a igrexa de Santa MarÃa de Nogueira de Miño, en Chantada; a igrexa de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; a igrexa de San Nicolás ou San Xoán, en PortomarÃn; a igrexa de Santa MarÃa de Torbeo, en Ribas de Sil; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; a igrexa de Santa MarÃa de Proendos, en Sober; e a igrexa de Santa MarÃa de Taboada dos Freires, en Taboada.