Lugo Patrimonio denuncia o perigo de derrubamento da igrexa de Vilasouto

Ladróns substraen xoias dunha igrexa de Lobios

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O colectivo Lugo Patrimonio denunciou esta fin de semana o precario estado no que se atopa o templo de San Mamede de Vilasouto, no Incio. Esta igrexa abandonada atópase nun estado de total abandono, con grandes furados na cuberta e o interior totalmente vandalizado, e a súa situación pode levar, segundo o colectivo, ao derrubamento do conxunto. O templo conta cunha portada románica, elementos barrocos e no seu interior pódense observar policromías e mobiliario antigo. Tanto desde o colectivo como desde o bispado apuntan, segundo recolle La Voz de Galicia a necesidade de lle dar un emprego a este espazo para evitar que continúa o seu deterioramento.

De xeito paralelo, o párroco de Santa María del Valle de Rocaldeo, no concello ourensán de Lobios, denunciou a substracción no templo de varias cadeas de ouro e máis dun cáliz de prata valorados nuns 2.000 euros, para o que os ladróns forzaron a porta.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, La Voz de Galicia, Ouro, Ourense

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares