Nova edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

Os concertos terán lugar na igrexa de San Martiño dentro do conxunto barroco declarado BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Reitoral de Barcia de Mera.  Fonte: Turismo de Galicia.

Reitoral de Barcia de Mera. Fonte: Turismo de Galicia.

A igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, pertencente ao conxunto que coa reitoral foi declarado o pasado ano Ben de Interese Cultural (BIC) acollerá unha nova edición, a número XVI do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera. O programadesenvolverase do 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán dentro desta singular igrexa situada no rural do concello pontevedrés de Covelo dinamizando o lugar, próximo a Mondariz. O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 25 de maio será a quenda do grupo Ars Longa, mentres que o 15 de xuño de Ensemble Orphelion. En xullo, a primeira das citas será o día 6 da man de Judith Jauregui e o día 20 actuarán Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil. Xa en agosto, con dúas citas, encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera o Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20,00 horas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Barroco, Ben de Interese Cultural, OSG...

Claves

Entidades
Lugares