Adxudicado o proxecto expositivo do Museo do Viño de Galicia

Ten un custe de máis de 500.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta acaba de conceder por máis de 500.000 euros a fabricación e instalación do proxecto expositivo do Museo do Viño de Galicia, que estará ubicado na reitoral de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia. O proxecto será xestionado desde o Museo Etnolóxico de Ribadavia e está albergado na reitoral de Santo André de Camporredondo, propiedade da igrexa e cuxa cesión á xunta acábase de prorrogar por outros 25 anos. A administración autonómica xa investiu 1,36 millóns de euros na súa restauración. O Museo do Viño de Galicia explicará como o viñedo transforma a paisaxe que o rodea e provoca un desenvolvemento e organización social determinado. Tamén explicará como se organiza a produción vitícola dos mosteiros, dos que a propia reitoral de Santo André é un exemplo, como priorado do cenobio compostelán San Martiño Pinario.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, San Martiño, Museo Etnolóxico de Ribadavia, San Martiño Pinario