Un millón de euros achegado por Cultura fará posible no Ribeiro o Museo do Viño de Galicia

Viño de museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O proxecto, longamente adiado do Museo do Viño de Galicia comezará a ser unha realidade neste 2006 que comeza. Segundo publica "La Voz de Galicia" a Consellaría de Cultura vai investir entre este ano e o 2007 algo máis un millón de euros para a execusión desta iniciativa. O centro instalarase na casa reitoral de Santo André, no Ribeiro, e achegará un enfoque histórico e antropolóxico sobre a evolución do mundo do viño. Ademais, o museo contará cunha finca experimental de viñedos.

Máis información en La Voz de Galicia; outras iniciativas museísticas sobre o viño nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Culturagalega