Abre en Cambados o Museo das Rutas do Viño, un centro único en Europa

Un museo para o viño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un museo centrado no viño e na enoloxía é o que se pode encontrar desde onte no Pazo de Torrado en Cambados. O Museo das Rutas do Viño abría onte as súas portas coa intención de explicar a ofertar turística e vitivinícola do país ademais de facer un percorrido pola historia e a evolución da produción de viño. Equipado con equipos de proxección, pantallas táctiles e contidos multimedia, o museo oferta tamén unha ampla información sobre as denominacións de orixe de todo mundo. Segundo os promotores do centro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, este proxecto é o único en Europa dedicado a este sector.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Europa, Galicia Hoxe, Rías Baixas

Claves

Entidades