Os actores Josito Porto e Víctor Mosqueira levarán a cabo as visitas teatralizadas previstas nas VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas no Pazo de Fefiñáns en Cambados. Entre os dous populares actores de cine, televisión e teatro xuntan un impresionante palmarés de méritos pola súa calidade interpretativa. Víctor Mosqueira acumula catro premios de interpretación María Casares de teatro e Porto pola súa conta ten tamén tres de estes recoñecementos. Noutra orde de cousas os dous comparen actualmente cartel co espectáculo infantil Cartoons de Producións Teatrias Excéntricas. Estes dous intérpretes destacados da escena teatral introducirán aos visitantes na cultura e na historia vitivinícola do pazo de da Denominación de Orixe encarnando a diferentes personaxes. As visitas teatralizadas terán varios pases, o sábado 8 de xuño ás 12.00, 17.00 e 19.00 horas e o domingo 9, ás 12.00 horas. A Ruta do Viño Rías Baixas está integrada no Club de Producto de las Rutas del Vino de España. A programación con motivo das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, impulsadas por Turismo de Galicia, terá lugar entre os vindeiros 7 e 9 de xuño.