Os actores presentan o seu catálogo nunhas xornadas que analizarán os proxectos futuros do cine e da televisión

Xornadas de actores

25/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG) é unha entidade nacida para promover aos seus membros, por iso, entre os seus cometidos organiza un catálogo de actrices e actores para que teñan a maior distribución e repercusión posible así como tamén organizan xornadas para analizar a súa situación. Precisamente estes dous aspectos terán lugar nos encontros que se celebrarán o venres 27 e o sábado 28 na sede do Consello da Cultura Galega. No transcurso desta xornadas analizarase o futuro próximo no cine e na televisión galega e presentarán a nova edición do catálogo da AADTEG.

Máis información no web da AADTEG

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos