Os actores reflexionan sobre o papel social que debe cumprir o teatro nunhas xornadas

A acción chega ao teatro

9/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Na primeira edición das xornadas “Cidadanía e Teatro”, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena quixo centrarse nas formas nas que o público pode acceder ao feito teatral. Agora, na segunda edición, o obxectivo é reflexionar sobre o papel que o teatro ten na acción social. Sobre isto falarán actores, autores, directores e profesores os vindeiros 20 e 21 de novembro de 2006 nuns encontros que se sucederán no salón de actos do Consello da Cultura Galega.

Máis información na Canle Máis Alá de Vieiros, no web da AADTEG e sobre as primeiras xornadas na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vieiros, Culturagalega, Consello da Cultura Galega