A Federación Española do Viño propón unir os viños galegos baixo unha mesma marca

Unha marca para unilos a todos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O encontro esta fin de semana en Córgomo do grupo de traballo “Dereito e viño”, da Federación Española de Viño, deixou unha revolucionaria proposta para o noso sector vinícola. A idea destes especialistas do dereito e da viticultura é unificar as cinco denominacións de orixe que existen en Galicia nunha única que leve o nome do país, o que, segundo eles, permitira eliminar excedentes de uva, e potenciaría a exportación. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, indicou que a proposta se pode levar á Mesa do Viño, aínda que apuntou que ”unha das vantaxes comparativas do noso país é precisamente a súa riqueza e singularidade específica para cada denominación”. Pola súa banda, a Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística iniciou unha campaña que, co lema "Deixa que o viño fale", avoga pola etiquetaxe en galego dos nosos caldos.

Máis información en La Región; máis sobre denominacións de orixe nos nosos arquivos; a campaña en Galicia Gastronómica

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Medio Rural, La Región