O sector audiovisual avoga pola creación dunha marca propia para potenciar a exportación dos nosos produtos

Unha marca para ver

30/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Crear unha marca de calidade que identifique os produtos audiovisuais feitos en Galicia. Esta é unha das propostas nas que están a traballar a Xunta e mais representantes deste sector. A idea é que esta marca faga parte no Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego e axude a conseguir un maior índice de exportación destes produtos. Canda á visibilidade exterior, esta marca quérese empregar tamén como un criterio de cara á concesión de axudas públicas. Precisamente mañá o Clúster Galego do Audiovisual organiza en Vigo unha xornada na que se debaterá sobre esta proposta.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Región, no web do Clúster e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, La Región, Culturagalega, Vigo

Claves

Lugares