O Consorcio Audiovisual convoca axudas para a estrea de películas mentres o Clúster convoca un encontro na busca de alianzas empresariais

Para estreas e alianzas

5/7/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cento vinte mil euros é a contía total das axudas coas que o Consorcio Audiovisual de Galicia quere apoiar a estrea de longametraxes fóra do noso país. As axudas, a razón dun máximo de 12.000 euros por título, pretenden colaborar na promoción de filmes feitos en Galicia. Ao tempo, o Clúster audiovisual organiza hoxe en Vigo, baixo o lema "Ideas para producir" un encontro no que reunirá produtoras e guionistas do noso país con empresas de España e de Europa coa intención de buscar alianzas de cara á produción, distribución e comercialización de proxectos.

Máis información no web da Xunta e no web do Cluster

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Europa, Vigo

Claves

Lugares