Abre o Museo do Viño de Ribadavia

O centro tiña inicialmente prevista a súa apertura para o ano 2005

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Abre o Museo do Viño de Ribadavia

Para as 19:30 horas deste 19 de xuño está prevista a inauguración dun dos proxectos culturais mais longamente agardados do noso país. O Museo Galego do Viño será unha realidade na Reitoral de Santo Andrés de Camporredondo, Ribadavia, case quince anos depois da data de apertura prevista inicialmente. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte o decreto polo se crea esta entidade, dedicada "recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural, material e inmaterial, de interese etnolóxico e vitivinícola de Galicia para o coñecemento, aprendizaxe e desfrute da cidadanía en xeral e o aproveitamento e consulta das persoas dedicadas á investigación e ao estudo do universo vitivinícola, en particular".

O novo centro artéllase en oito salas, que recollen pezas relacionadas co cultivo das cepas, tanto dende o punto de vista histórico como dende os ciclos tradicionais de colleita, así como pezas significativas relacionadas con cada denominación de orixe do viño en Galicia. Unha sala dedicada en particular á comarca do Ribeiro elementos que amosan o proceso de elaboración desta bebida, "desde que chega a uva á adega ata a súa conversión en viño".

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dinamizar un museo baleiro

Dinamizar un museo baleiro

A dinamización cultural serve para reivindicar a apertura do Museo Galego do Viño en Ribadavia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadavia, ADEGA

Claves

Entidades
Lugares