
Sinte nace como un evento público pioneiro, creado coa vontade de converterse en espazo de referencia no Norte de España desde o que impulsar a reflexión e o debate e afondar nos desafÃos e nas oportunidades que as novas tecnoloxÃas dixitais ofrecen ás industrias culturais e creativas. Con este obxectivo, deseñouse un programa que congrega a destacadas figuras do ámbito galego, nacional e internacional, que inclúen artistas, estudos, especialistas en xestión cultural ou representantes de espazos dedicados á exhibición e á creación. O foro Sinte contará tamén coa presenza de relatores como o comisario de programación de Medialab Matadero, Bani Brusadin; a programadora e artista electrónica, galardoada co Premio Nacional de Cultura de Cataluña, Mónica Rikic; o director do espazo cultural Gnration (Braga), LuÃs Fernandes; o director artÃstico de Matadero Madrid, José Luis Romo; a produtora musical e DJ Cora Novoa; ou a investigadora e escritora Elena Neira. Tamén artistas e directores de estudios internacionais de recoñecemento internacional, como o italiano fuse*, que compartirá co público do foro o proceso creativo dunha das súas pezas máis emblemáticas: Onirica (), instalación audiovisual que aplica a intelixencia artificial xerativa para converter en imaxes preto de 30.000 relatos de soños.
Actuacións e espectáculos
Sinte tamén permitirá gozar en primeira persoa de propostas innovadoras no ámbito da arte dixital. AsÃ, poderá verse por vez primeira en Galicia a performance audiovisual Materia, do artista francés Maotik, unha fusión de arte e ciencia con visuais e deseño de son sincronizados en directo. O foro rematará ademais cunha dobre función do coreógrafo e bailarÃn xaponés Hiroaki Umeda, unha das principais figuras da escena de vangarda no paÃs nipón cun traballo que encarna maxistralmente a fusión entre danza, movemento e novas tecnoloxÃas. Desde 2002, Umeda levou as súas propostas a máis de 150 cidades de 40 paÃses, incluÃndo representacións no emblemático Teatro Nacional Chaillot de ParÃs. As prazas presenciais para asistir ao foro xa levan tempo esgotadas pero pódese seguir en directo en streaming e para os espectáculos de danza aÃnda quedan convites.








