O cofundador de Pixar é un dos reclamos do festival Mundos Dixitais

A cita desenvólvese na Coruña do 6 ao 9 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O X Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital quenta motores. Á falta dunha semana, xa se coñece o programa definitivo dun encontro que ten como principal reclamo a Alvy Ray Smith, cofundador de Pixar que recibirá o Premio Especial do festival e ofrecerá unha conferencia (sábado o, ás 18:00 horas). O encontro seguirá fiel ao seu estilo e programa 35 actos entre conferencias, proxeccións, charlas dirixidas ao sector da animación, o deseño e as novas tecnoloxías. Haberá tamén xornadas de “recrutamento” para que profesionais “fichen” a talentos descoñecidos e outras de exhibición. A cita arrincará o vindeiro 6 de xullo na Coruña.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Arquitectura

Claves

Lugares