Mundos Digitales fai 15 anos na Coruña

O festival de animación, efectos especiais, videoxogos e arquitectura dixital comeza hoxe a súa nova xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Mundos Digitales fai 15 anos na Coruña

Hai xa quince anos que comezaba a súa andaina na Coruña Mundos Digitales. O festival internancional que aborda a creación en ámbitos como a animación, os efectos especiais, os videoxogos e a arquitectura dixital bota a andar esta mañá a súa nova edición. Profesionais e afeccionados destes ámbitos danse cita unha vez máis nun encontro que conta nesta ocasión con convidados como os responsables de efectos e produción en filmes como Animal Crackers, Warcraft. A orixe, O libro da selva, Independence Day. Contraataque ou Capitán América, Civil War. Conferencias, presentacións e entrevistas profesionais comparten espazo no programa con eventos dedicados ao software libre. Como novidades, destaca un espazo centrado nos Novos media e atención que esta xeira dedica á realidade virtual e aumentada.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Arquitectura, América...