Mundos Dixitais volta á Coruña en xullo

O encontro centrado na animación e efectos especiais celebrarase entre o 3 e o 5 de xullo

16/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Animación, videoxogos, efectos especiais ou arquitectura. Os encontros Mundos Dixitais voltan a Palexco, na Coruña entre o 3 e o 5 de xullo vindeiros. O coñecido foro internacional contará coa presenza de destacados profesionais destes sectores como Christopher O'Really, Daniel M. Lara, Tony Micilotta, Paul Debevec ou Mike L. Murphy entre outros. Ademais, presentarase proxectos como o novo filme de animación sobre Mortadelo e Filemón ou as innovacións que se desenvolveron en producións como Gravity ou a última entrega de X-Men.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Arquitectura, A Coruña

Claves

Lugares