Comeza na Coruña o XIV Mundos Dixitais

A cita conta con figuras de primeira liña de animación, videoxogos, efectos especiais e arquitectura 3D

9/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un ano máis, A Coruña acolle o encontro Mundos Dixitais. A XIV Edición desta iniciativa dedicada á animación, videoxogos, efectos especiais e arquitectura 3D volta á Cidade Herculina cun programa no que participan figuras de primeira liña destas especializades. Animadores de Xogo de Tronos, Hotel Transilvania, Gardiáns da Galaxia ou Os Vengadores, entre outros pasarán polo o encontro. Ademais, estrearase o filme francés Yellowbird e a produción española Atrapa a bandeira. No campo dos premios, recoñecerase o traballo de Sergio Pablos, responsable entre outros proxectos de Gru, o meu vilán favorito, e tamén se entregarán os 3D Awards, principais galardóns a nivel mundial no campo da arquitectura dixital.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, A Coruña, Animación, Cidade Herculina...