Mundos Dixitais amplía programa na súa XVI edición

O encontro de animación, 3D e videoxogos e arquitectura dixital celébrase ata o día 8 na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Mundos Dixitais amplía programa na súa XVI edición

A Coruña acolle desde hoxe e ata o vindeiro 8 de xullo a décimosexta edición de Mundos Dixitais. O encontro de animación, realidade virtual, videoxogos e arquitectura dixital reúne a preto de 1.000 persoas nun programa que sea amplía. Coa intención de se consolidar como referente europeo no sector, Mundos Dixitais incorpora neste ano a sección Out of the box na que se abordarán posibles colaboracións entre a creación dixital de entretemento e sectores industriais como a automoción e a seguridade. O director tecnolóxico de Disney, Rajesh Sharma, os responsables de efectos visuais de producións como Xogo de Tronos ou Gardiáns da Galaxia II ou Rogue One, así como o encargado do proxecto de realidade virtual da serie El ministerio del tiempo Javier Lajara son algúns dos relatores presentes no programa. Entre outras novidades, poderá verse un adianto do segundo filme de Tadeo Jones, que se estreará o vindeiro mes de agosto.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Arquitectura, A Coruña, Editorial Galaxia

Claves

Entidades
Lugares