Hoxe dá comezo na Coruña a décima sétima edición de Mundos Digitales, Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuales y Nuevos Media// Conference on Animation, VFX, & New Media unha das máis importantes e xa veteranas citas do sector da creación dixital que este ano crece un 40% tanto en asistencia como en participación de empresas. Durante tres dÃas este evento reunirá a profesionais de nivel internacional deste sector en conferencias, obradoiros, unha feira de emprego e outras seccións de encontros, competitivas e de exhibición. Ademais en Mundos Digitales hai espazo para a industria galega. Como é o caso da produtora coruñesa Gato Salvaje, que xunto a Mundos Digitales ven de poñer en marcha Videoxogos.gal Asociación galega de Videoxogos e Contidos Interactivos. Nesta edición, Mundos Digitales incrementa os contidos da sección Out of the Box, centrada en novas aplicacións industriais e empresariais da creación dixital e reforza a sección School Leads, dedicada aos centros formativos, universidades, escolas e academias españolas do sector da animación, os efectos visuais e os contidos dixitais en xeral. A oferta de actividades complétase co Festival Internacional de Curtametraxes de Animación.