Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

Pretende representar os intereses profesionais do sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

Imaxin Software, Datalawyers, Ficción Producciones, Mundos Digitales e Gato Salvaje Studio son as firmas que se acaban de unir na Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos. A nova entidade pretende favorecer a competitividade e a internacionalización destas empresas, desenvolver accións formativas, traballar pola profesionalización de firmas e traballadores deste ámbito e, en xeral, representar os intereses deste sector profesional. Entre as súa accións, o novo colectivo pretende crear unha denominación de orixe de calidade e innovación, "como un xeito adicional de internacionalizar e promover a cultura galega e a súa experiencia en videoxogos e contidos interactivos", segundo recolle Código Cero.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ficción Producciones

Claves