Nace a Asociación de Editores de Cómic de España coa presenza de 3 firmas galegas

BD Banda, El Patito e Retranca Editora fan parte do novo colectivo profesional

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Nace a Asociación de Editores de Cómic de España coa presenza de 3 firmas galegas

Por vez primeira, os editores de banda deseñada do Estado reúnense nunha situación que pretende defender os seus intereses de favorecer o coñecemento da banda deseñada. Esta mesma mañá presentábase publicamente a Asociación de Editores de Cómic de España, un proxecto que conta de entrada con quince firmas vencelladas, das cales tres son galegas. En concreto, BD Banda, El Patito Editorial e mais Retranca Editora participan na fundación do colectivo que xa anunciou que está aberto a novas incorporacións e que conta con algunhas das empresas máis coñecidas do sector, como poden ser Astiberri ou Norma.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Cómic, Retranca, BD Banda...