A agrupación de librarías especializadas en BD conta con 10 negocios galegos

Un total de 36 espazos de venda botan a andar o colectivo a nivel estatal

Logo de Zona Cómic
Logo de Zona Cómic
Dez das librarías especializadas en banda deseñada que existen en Galicia fan parte das 36 que acaban de constituír Zona Cómic. Este colectivo, integrado na Confederación Española General de Librerías, pretende pór en valor o traballo deste colectivo, abordando accións formativas conxuntas, dando a coñecer o mundo da novena arte e actuando como interlocutor entre outros actores da industria. A Gata Tola, Alita e Alita Orzán, Banda Deseñada, Kómic, Paz, Metrópolis, Norma, Sousa e Tanxencias son os establecementos que participaron na fundación do novo organismo.